Portabales Santomé, Arantza (1973-)

Historias de mentes / Arantza Portabales ; ilustraciones de Javier Zabala - 1ª ed. - A Coruña : Bululú , 2020 - 113 p. : il. cor ; 25 cm

A autora desprega toda a súa experiencia na narración breve atrapando ao lector a través do desenvolvemento psicolóxico dos protagonistas e a súa actitude #ante as situacións ás que ven enfrontados; unha muller con hipermnesia violada, o namoramento do sobrevivente dun accidente aéreo, a valentía dunha executiva na súa oficina fronte a un terrorista… A mente do ser humano, no medio da excepcionalidade, perfectamente reflectida grazas á habitual capacidade da nova “dama da novela negra” para engancharnos desde o primeiro momento, con austeridade narrativa pero coa carga emocional necesaria en cada liña.
O ilustrador, coa súa visión lírica, apoia e enriquece cada relato empapándose, con sutileza, na arquitectura dos mesmos pero sen coartar a imaxinación do lector nin traizoar ao texto, convertendo as súas pinturas, ao mesmo tempo, en indisolubles do mesmo. Unha obra literaria excepcional convertida nunha xoia grazas á unión creativa de dúas mentes extraordinarias.

9788412257755

821.134.2-34

Coa tecnoloxía Koha