Vista normal Vista MARC Vista ISBD

Lica / Beatriz Fraga

por Fraga, Beatriz (1967-) [autor/a].
Tipo: materialTypeLabelLibroSeries: (Rúa do Lagarto ; v.2); (Onocrótalo).Editor: Vigo : Euseino? , 2017 Edición: 1ª ed.Descrición: [39] p. : principalmente il. cor ; 29 cm.ISBN: 9788494562150.Materia(s): Adiviñas - -- Contos | Creatividade | Adivinanzas - -- CuentosResumo: A historia de Lica está contada empregando recursos plásticos coma as cores básicas, as liñas e as figuras xeométricas elementais. Con sinxeleza de páxina e recursos textuais directos, a autora sérvese da sorpresa e a admiración perante a arte para provocar a reflexión, estimular o pensamento e o pracer dos sentidos. Cun orixinal fondo de páxina negro sobre o que destacan as cores, as súas ilustracións están inspiradas na arte abstracta para, nunha composición dinámica, salientar as formas, as liñas e os puntos co mesmo senso lúdico e táctil dos móbiles do escultor Alexander Calder. Coma se dunha adiviña feita de imaxes se tratase, o libro convida a descubrir figuras que recrean o mundo a través dos seus elementos básicos, axudando a afastarse dos estereotipos asociados ás cores para observar dunha maneira diferente o que nos rodea. Páxina a páxina, nun xogo con quen le, a personaxe protagonista adquire movemento a través da combinación das formas. O aspecto lúdico dos móbiles do escultor Alexander Calder, con figuras suspendidas en arames que se balancean co vento, e os cadros de Kazimir Malevich, nos que as cores básicas dan forma ao mundo, serven de inspiración para a creación destas ilustracións. Un libro que combina os elementos iconográficos e textuais cunha carga visual que enfatiza o valor da descuberta e a capacidade de abstracción. Libro para todas as idades, incluídos primeiros lectores, Lica inicia a Serie Onocrótalo, concibida para achegar a arte contemporánea a un lectorado que, non necesariamente familiarizado coas linguaxes artísticas, gusta das formas, das cores e da maneira en que se relacionan. A serie publicará álbumes ilustrados concibidos por pintoras, artistas plásticos, escritoras e pensadores. Libros que, coma obxectos encontrados, espilen o pensamento e o pracer dos sentidos. Lista(s) nas que aparece este ítem: Biblioteca Creativa
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Non existen ítems para este rexistro

A historia de Lica está contada empregando recursos plásticos coma as cores básicas, as liñas e as figuras xeométricas elementais. Con sinxeleza de páxina e recursos textuais directos, a autora sérvese da sorpresa e a admiración perante a arte para provocar a reflexión, estimular o pensamento e o pracer dos sentidos.

Cun orixinal fondo de páxina negro sobre o que destacan as cores, as súas ilustracións están inspiradas na arte abstracta para, nunha composición dinámica, salientar as formas, as liñas e os puntos co mesmo senso lúdico e táctil dos móbiles do escultor Alexander Calder. Coma se dunha adiviña feita de imaxes se tratase, o libro convida a descubrir figuras que recrean o mundo a través dos seus elementos básicos, axudando a afastarse dos estereotipos asociados ás cores para observar dunha maneira diferente o que nos rodea.

Páxina a páxina, nun xogo con quen le, a personaxe protagonista adquire movemento a través da combinación das formas. O aspecto lúdico dos móbiles do escultor Alexander Calder, con figuras suspendidas en arames que se balancean co vento, e os cadros de Kazimir Malevich, nos que as cores básicas dan forma ao mundo, serven de inspiración para a creación destas ilustracións. Un libro que combina os elementos iconográficos e textuais cunha carga visual que enfatiza o valor da descuberta e a capacidade de abstracción.

Libro para todas as idades, incluídos primeiros lectores, Lica inicia a Serie Onocrótalo, concibida para achegar a arte contemporánea a un lectorado que, non necesariamente familiarizado coas linguaxes artísticas, gusta das formas, das cores e da maneira en que se relacionan. A serie publicará álbumes ilustrados concibidos por pintoras, artistas plásticos, escritoras e pensadores. Libros que, coma obxectos encontrados, espilen o pensamento e o pracer dos sentidos.

4º-5º-6º Educación Infantil

1º-2º Primaria

Coa tecnoloxía Koha